Escoliña de Vilar (Lugo)

grupo 31 de marzo

Moito traballo detrás para chegar a hoxe: un gran día para nós. Moitas emocións: nervios, ilusións, medos, motivación, xuntanzas, decisión… Hoxe, 1 de abril, abrimos a campaña de micromecenazgo. https://goteo.org/project/escolina-de-vilar
DSC_0666

Xa vedes que a obra non para e estamos preparando o espazo para a chegada dos materiais, que mercaremos co acadado nos seguintes 80 días.
Se o noso proxecto te move, axúdanos a que chegue ao maior número de xente
Se tendes algunha dúbida escribídenos a este correo escolinhadevilar@riseup.net
Nin somos expertos en informática nin en técnicas de difusión, por iso queremos agradecer a toda a xente que colaborou ata o de agora co proxecto e a todas as que colaborarán.

DSC_0194